Venres. 29.03.2024
El tiempo

A modo de brincadeira (ou non…)

A modo de brincadeira (ou non…)
As criaturas caóticas de Xosé Manuel Barros polas rochas de Camelle As criaturas caóticas de Xosé Manuel Barros polas rochas de Camelle A qué veñen eses sorrisos irónicos que poñedes cando me escoitades falar das criaturas caóticas? Seguro que pensades que estou tolo, Dalle! Xa ven ahí outra vez ese vello trastornado que non ten outra cousa que facer que dicir parvadas !! Criaturas caóticas … menudo conto! Que si un volcán no fondo da mar, que si un remuiño xigantesco que fabrica cos anacos de plásticos animáis novos con articulacións sen norma lóxica. Que tontería !! Que snob de tío, que quere inventar novas especies. Fillas do caos... criaturas caóticas...??? Este tipo esta judido da cabessa!!!! Sodes uns incrédulos!! Sodes xente de pouca fe que non vedes máis aló do valado da vosa leira. Non sabedes o que está a pasar co plástico. Para vós o plástico é o envase dun delicioso iogur de “frutas del bosque”, é tapar cunha lámina de polipropileno os vosos delicados manxares que gardades no frigo ou levar auga nunha botella de polietileno cando ides rozar ao monte, baixo a mesta protección das carballeiras... Que ilusos !! Os animáis de plástico vos expulsarán da terra e caeredes todos ao mar coma as vacas polos acantilados na película irlandesa do “O Prado”. Cada vez máis vaise impoñendo a tese de que a fina fronteira entre os términos antónimos “sintético” e “natural” difumínase e desaparece na realidade que estamos a vivir. Todo é química, incluso a auga, incluso nós, incluso o plástico, igual que todas as criaturas vivas grandes ou pequenas, todas teñen na sua composición carbono e polo tanto son “orgánicas”. Hai correntes de pensamento que consideran que a única diferencia significativa entre o “ sintético” e o “natural” é máis filosófica que química. Por exemplo, un corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis) pode simbolizar para nós a elegancia surcando o ar (polo seu vó rasante estremecendo as ondas ) ou pode representar o misterio ( pola sua postura enigmática de ás abertas sobre as rochas). Un pato doméstico co seu andar gracioso abaneando o cú pódenos facer sorrir . Pero o pato e o corvo mariño existen fora do siñificado co que nos lles encasillamos. Un corvo mariño non é elegante por definición nin é un paxaro misterioso. O pato non é realmente un paiaso nacido para nos divertir. Móvese desa maneira que semella tan graciosa porque ten evolucionado para se mergullar e nadar con soltura. A un animal de plástico, a un xoguete de plástico non lle atribuímos característica algunha porque é un produto fabricado por nós. O animal de plástico refrexa unha ideia nosa. É o inmaterial feito material. É o subxetivo feito obxetivo. É unha fantasía producto do I + D.. Criaturas de Mar de Fabula polas rochas de Camelle Xa o están a recoñecer voces autorizadas. Os animáis de plástico, coma seres orgánicos que son, cumpren a condición básica para seren organismos vivos. Só lles fai falta moverse e emitir sonidos (tamén hainos mudos). Só lles fai falta o hálito vital, ese estoupido de enerxía primixenia que actuou de resorte hai millóns de anos. Está probado o que vos conto. Hai uns poucos anos erupcionou un volcán xigantesco na sima de Castelton, nas profundidades dio Atlántico Norte, baixo a tona nutricia e mesta do Mar dos Arghassos. . Todos os plásticos empezaron a dar voltas no seo dun remuiño mounstruoso. Un novo caos. Unha segunda creación. Un novo mundo, orgánico tamén, pero esta vez de plástico. Os meus colegas beachcombers das beiras do Atlántico xa me están a informar que son moitos os animáis caóticos que están subindo polos coídos e acantilados da costa este dos EE.UU e que están empuxando á xente ao mar Xa non caben alí. As últimas noticias é que van todos nunha longa ringleira camiño de Washington porque queren botar a Trump fora da Casa Branca. Andádevos con ollo! Xa vedes que non son un tolo. A cousa é certa e o que avisa non é traidor. Por aquí, polos coídos de Camelle e Arou, xa apareceron uns cantos artrópodos, todos, todos eles caóticos. Coma todos nós.  

Novas relacionadas

 

Outros artigos de Xosé Manuel Barro

Novas relacionadas Fonte

Comentarios