![A compañía Duende Saco encargouse do espectáculo infantil]()
A compañía Duende Saco encargouse do espectáculo infantil
Onte tivo lugar a última das actividades escolares que se enmarcaban dentro do
programa educativo-cultural “O Mes da Fundación. Outubro 2015″ organizado pola
Fundación Fernando Blanco de Lema de Cee.
![Na sesión participaron alumnos e alumnas da bisbarra]()
Na sesión participaron alumnos e alumnas da bisbarra
Fixérono cunha
sesión de contacontos da man da compañía Duende Sico que tivo lugar na casa da Cultura de Cee e á que asistiron alumnos e alumnas de Infantil e 1º Ciclo de Primaria do C.E.I.P. Eugenio López, C.P.R. Manuela Rial, C.E.I.P. A Igrexa de Brens e E.E.I. de Pereiriña e usuarios de Aspadex.
![Os asistentes disfrutaron dunha divertida xornada]()
Os asistentes disfrutaron dunha divertida xornada
O programa remata este
sábado, 31 de outubro, cun concerto didáctico a cargo de
Pablo Carpintero (investigador musical). "Os instrumentos musicais na tradición galega" será as 20:30 horas na casa da Cultura de Cee.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)
- Fundación Fernando Blanco de Lema