Os veciños volven quedar sen palabra no pleno de Coristanco


Novo e tenso pleno tivo lugar onte no Concello de Coristanco. Non faltaron os reproches, un clásico xa dos plenos coristanqueses, entre o actual alcalde, Amancio Lavandeira, e o ex rexidor e voceiro do PP, Pensado Plágaro, para ver cal protagoniza a peor xestión municipal. Outra demostración do esperpento que poden ser as sesións.
O punto máis intersante da orde do día era a presentación dunha proposta por parte do grupo de goberno sobre a modificación de dúas ordenanzas municipais: sobre as actividades escolares e sobre as instalacións. Unha mod que provocaría a subida 15€ aos non empadroados (pasando de 30 € a 45 € por 3 meses de actividade, e sen ter en conta certas bonificacións por familia numerosa ou por poucos recursos); así como a subida da taxa de aluguer de pavillóns de 7,20€ a 8€/horas, se ben as asociacións deportivas locais disporían de 3 horas semanais gratis de aluguer.
Esta moción foi rexeitada cos votos en contra dun PP que sinalou que “non se lle pode subir a taxa aos non empadroados porque hai que pensar en sentido comarcal”, e dun PSOE que se abstivo porque non coñecía o estudo económico.
Outro punto que foi rexeitado e que demostra a fenda sen sentido entre goberno e oposición foi o nomeamento dos representantes escolares nos consellos escolares.
Veciños sen voz
Pero o momento máis tenso viviuse cando varios veciños presentes intentaron tomar a palabra pero non puideron pois o alcalde non llo permitiu asegurando que “estamos regulando a participación nos plenos por parte da cidadanía”. Entre os veciños estaba Carlos Abelenda, representante de En Marea Coristanco, que criticou o “afán de Lavandeira de reivindicarse como un alcalde calciquil e antidemocrático, volvendo a amorzadar á veciñanza do concello deixándoos coa palabra na boca non permitíndolle intervir ao remate do pleno aludindo a que se están regulando as intervencións no pleno por parte da cidadanía, o que nós consideramos unha excusa para evitar dar voz as veciñas e veciños do concello”.
Lamenta Abelenda que aquel “compromiso coa democracia participativa e coa transparencia co que comezou o mandato sexa inexistente”.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).