mércores. 30.04.2025
El tiempo

Rock xalleiro para o Entroido de Santa Comba

Rock xalleiro para o Entroido de Santa Comba

Xa falamos do Entroido de cervexa e artesanía que vai vivir Santa Comba. Pero faltounos facer fincapé nun dos ingredientes fundamentais para que este Entroido sexa verdadeiramente especial na capital xalleira: Os Grupos de Rock Locais.

Terán as bandas musicais xalleiras un protagonismo especial. Grand Sould Band, dos que temos falado, e os Marmota Phil farán as delicias dos veciños nas tardes e noites do entroido, nun ateigado Recinto Feiral.

Imos coñecer estas bandas un pouco mellor:

 

Grand Sould Band

Grand Soul Band dende Santa Comba

Esta banda de Santa Comba nace no ano 2012, e publicou o pasado ano o seu primeiro videoclip, tras publicar también o seu disco debut “The Road”, que inclue oito cancions de composición propia, todas en inglés co sonido característico dos clásicos do rock americano. Grabado gracias o programa de iniciativas xuveniles “Iniciativa Xove” e impulsado coa colaboración do servizo de xuventude do Concello de Santa Comba, a crítica especializada de esturionmusic.com dí de él: “…el hecho de ser grabado gran parte del mismo en directo dice mucho de la banda, que de esta forma deja claro la solvencia de este álbum para ser interpretado en directo con plenas garantías...en ocasiones puede dar la sensación de repetitivo porque guarda una línea en cuanto a estilo propio, goza de una diversidad que abarca desde el Rock clásico, pasando por el Soul, Blues o incluso el Grunge...buen debut en un primer trabajo valiente y transparente, que suena a lo que pretende. Es de agradecer este homenaje a sus influencias (en su mayoría de los 70’), porque son ellos a los que les debemos que músicos de aquí se atrevan a probar con tales retos. Son temas propios pero que saben a los grandes clásicos.”

A revista musical Popular 1 dí de eles: “demuestran una madurez compositiva e interpretativa fuera de lo común. Lo suyo es el rock americano deudor ante todo de Neil Young (esas guitarras) y de largo recorrido...predominan los medios tiempos y que por momentos me recuerda al disco que Tom Petty grabó con sus Mudcrutch en 2008… no pecan en el error de sonar muy 90`s, lo que les engrandece todavía más… guitarras y melodías en perfecta sintonía con textos en plan storyteller, redondean un trabajo cálido y sumamente orgánico, en el que cada pieza destila sentimiento de aventura… parece mentira que a veces, bandas españolas, escandinavas, o de cualquier otro sitio, sean capaces de asimilar la cultura norteamericana mejor que muchos nativos. No son muchos los que lo consiguen, pero haberlos haylos... un camino ya transitado que cuando se hace con pasión y talento el resultado suele ser óptimo, como es este el caso”.

Aquí os vemos este pasado mes de agosto no Muíño, en Louro.

 

Marmota Phil

Marmota Phil entre a Barcala e Santa Comba

Metade Barcaleses (Negreira e a Baña), metade Xalleiros de Santa Comba, os seus integrantes decantáronse desde un principio por un estilo musical Pop-Indie, con diversas influencias tanto nacionais como foráneas como Red Hot Chili Peppers, Nirvana, Creedence ou Ramones.

Naceron no año 2005 e tres anos despois gravaron a súa primeira maqueta chamada "At The Stairs" para editar posteriormente, no ano 2011, un CD titulado "Sigue Buscando" o cal lles abriu portas na radio e na Televisión de Galicia.

Gracias a estas dúas grabacions, quedaron finalistas en varios concursos, como o Nordés 2010, Vas Sacar Nota no 2011 ou no Novo Son, e estrenaron un videoclip de animación do tema "Sigue Buscando", que viu a luz en diferentes plataformas audiovisuais e na rede.

As súas maquetas foron presentadas no espacio de música de El Corte Inglés de Vigo e a Coruña e xa compartiron escenario con recoñecidos artistas como Los Suaves, Miguel Costas de Siniestro Total ou bandas tributo os Dire Straits (Brothers in Band) ou AC/DC (Riff/Raff).

Actualmente, están a rematar un novo proxecto, "Atrapado en el tiempo" con sonidos novos cargados de forza, que verá a luz nestes meses, no que se conmemoran os 10 anos da banda.

Así de ben soa e o Sigue buscando, que ademais ten un vídeo impresionante:

 

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Santa Comba.

Comentarios