Luns. 06.05.2024
El tiempo

Santa Comba abre un punto de información a familiares de enfermos de alzheimer

Santa Comba abre un punto de información a familiares de enfermos de alzheimer
Cuidando alzheimer

Interesante a iniciativa informativa que vén de poñer en marcha o Concello de Santa Comba. Tan necesario semella nunha zona tan envellecida como a nosa, a apertura un “Punto de Información a Familiares e enfermos de alzheimer e outras demencias”. Aí está a Concellería de Servizos Socias, Sanidade, Muller, Igualdade e Atención Cidadá, do Concello de Santa Comba, dirixida por Estefanía Calvelo Muñiz, e en colaboración coa Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer da Comarca de Bergantiños (AFABER) na súa posta en marcha.

Este servizo iniciará a súa actividade o luns 18 de abril do 2016 e estará situado no Centro de Cultura en horario de maña, os luns e martes. O obxectivo fundamental é que os familiares das persoas que padezan esta enfermidade ou outras demencias teñan a suficiente información sobre a/as mesma/as e poidan resolver as súas dúbidas en canto o coidado propio e do enfermo, axudas, etc.

Curso de Riscos Laborais

Ademais, anuncian que hai convocado un curso de prevención de riscos laborais en actividades de tempo libre, nivel básico, para empregados públicos, traballadores por conta allea ou autónomos, empresarios e aquelas persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais, en particular na organización e xestión de actividades de tempo libre.

Novas relacionadas

Comentarios