Tirando partido das TIC

09:53 30/08/16

Iñaki Pérez (coñecido como Quenerapú), un dos grandes referentes da rede galiga, especialista en deseño gráfico, deseño web, programación, formación TIC, marketing, socialmedia, etc. que leva toda a vida traballando no sector, estará a vindeira semana en Cee para dar un curso.
Trátase dun curso para principiantes que queiran aprender a Tirar partido das TIC, as técnicas da información, as novas tecnoloxías. Organizador por Acerta Formación, a xornada única, que se desenvolverá o luns 5 de setembro de 16:00h a 20:00h, trataranse temas como “como buscar ben en Google”, como convertir arquivos, asuntos relacionados cos vídeos e co deseñor de carteis.
Poden matricularse en acertaformacion@gmail.com ou no 981106060.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).