![Control do transporte escolar. Imaxe: DXT]()
Control do transporte escolar. Imaxe: DXT
Dende onte e ata o vindeiro venres, 4 de decembro, a
DXT - Dirección Xeral de Tráfico - puxo en marcha unha campaña de
control dos buses escolares e os seus conductores que ten como obxectivo previr os accidentes neste tipo de transporte empregado por máis de medio millón de alumnos en todo o estado español.
As inspeccións que farán os axentes de tráfico consistirán nun primeiro control de carácter administrativo sobre as autorizacións e os documentos que a lei lle exise a este tipo de vehículos. Tamén verificarán as condicións técnicas e elementos de seguridade que así como os requisitos especiais que debe cumprir o propio conductor, como son ten en vixencia o permiso de conducción, os tempos de conducción e os descanso. Ademais, controlarase que os conductores circulen á velocidade permitida e que non empreguen o teléfono móvil nin outros dispositivos móviles mentras conducen. Asemade, incrementaranse os controis de alcohol e drogas entre os conductores.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)
- DXT
Novas relacionadas