mércores. 30.04.2025
El tiempo

Trinta curtas participan no concurso dos Premios Fouciño que reparte 800€ en premios

Trinta curtas participan no concurso dos Premios Fouciño que reparte 800€ en premios
premiosfoucino-documentalmanfred Onte arrancaron os Premios Fouciño coa proxección do documental Man Fred, Home sen Paz á que asistiron unhas 80 persoas Un total de 30 curtametraxes chegadas dende distintos puntos da comunidade galega participan no concurso da II edición dos Premios Fouciño, organizados pola asociación cultural Adro de Baio en colaboración co concello de Zas e doutros entidades locais. Con esta cifra os organizadores dan por conseguido os obxectivos que se marcaron e que non eran outros máis que premios os dotes técnicos, artísticos e creativos dos estudantes así como de toda persoa interesada na creación audiovisual ademais de intentar incrementar a presenza do galego na rede. O concurso divídese en dúas categorías; unha libre e outra de institutos. Os premios son de 500€ en metálico para o premio da categoría libre e de 300€ en bonos canxeables nos establecementos comerciais de Baio para a categoría de insititutos. Ademais, haberá premio do público – que consiste nun trofeo – para a curta máis votada. O público terá a oportunidade de ver as curtas participantes nos distintos bares de Baio entre as 17 e as 19 horas do día 8 de xullo. Xa entre as 19 e as 21 horas a proxección das curtas participantes no concurso trasládase á entreplanta do edificio Pomares da vila (o novo local municipal recén inaugurado). Entrega de premios A entrega de premios terá lugar tamén o vindeiro sábado, día 8, ao redor das 23 horas na praza do parque infantil de Baio. Alí estarán presentes caras moi recoñecidas do audiovisual galego, como Lucía Regueiro - madriña dos Premios Fouciño 2017 - ou Mabel Montes - unha das organizadoras do certame -, entre outros. O xurado desta segunda edición dos Premios Fociño está formado por Lucía Regueiro; Chema Rei  - polifacético e experto no audovisual e colaborador de QPC - ; Manuel García Velo - concelleiro de Cultura do concello de Zas -; Adrián Varela - representante do Festiletras e V de Valarés - e Guillermo Méndez - representante de Cherinkas de Vimianzo. Os trofeos conservan a esencia do certame polo que teñen forma de fouciño. Os usuarios da asociación Aspaber son os encargados da súa realización. Proxeccións As proxeccións continúan hoxe co documental Angrois no Esquecemento, de Susana Recouso e Emilio Carral (Lentes Diverxentes). A cita é as 21:30 horas no edifico Pomares de Baio. E xa mañá, á mesma hora e no mesmo sitio, será o turno de Os días afogados de César Souto e Luís Avilés, de Amanita Films. O certame dos Premios Fouciño culmira o sábado cun día cargado de actividades que comeza xa pola mañá cunha mesa redonda e cun obradoiro de cine para nenos e nenas. Pola tarde proxectaranse as curtas participantes en distintos locais de Baio e xa pola noite terá lugar a entrega de premios que estará acompañada dun festival de música emerxente.  

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
  • Asociación Cultural Adro

Comentarios