Martes. 07.05.2024
El tiempo

Unha primavera teatreira e poética en Dombate

Unha primavera teatreira e poética en Dombate
XORNADAS PRIMAVERA DAS LETRAS DOMBATE - copia 2

Interesantes as propostas que organiza o CEFORE (Centro de Formación e Recursos) costeiro para esta primavera no Dolmen de Dombate. 4 actividades, pensadas para que os profesores continúen a súa formación, presentadas por María Canosa, co teatro e a poesía como protagonistas.

Arrincan as citas o mércores 19 de abril coa obra de teatro A Galiña Azul de Carlos Casares da man de Ubú Teatro.

Muro Villar será o guía do roteiro literario pola vila de Laxe que seguirá as pegadas de Antón Zapata e que fiará co dolmen a través do poema do autor laxense “Dombate”. O roteiro será o xoves 20 de abril.

O mércores 26 toca análise poética, da man do estudoso Manuel Ferreiro, botando unha ollada polo miúdo ao poema “O dolmen de Dombate” de Eduardo Pondal.

E rematará o ciclo o xoves 27 cun recital poético da man de Alberto Pombo e Yolanda Castaño e cunha charla de Bieito Romero.

Fonte

Comentarios