Xoves. 09.05.2024
El tiempo

Veteranos: O Coristanco meteuse na final da Copa no último suspiro e pelexará co San Román

Veteranos: O Coristanco meteuse na final da Copa no último suspiro e pelexará co San Román
Semifinal da Copa da Costa de Veteranos entre Laxe e Coristanco Chapas faille un paradón a Óscar Toja na semifinal da Copa da Costa de Veteranos entre Laxe e Coristanco

Tremendo domingo de fútbol veterano o que se viviu onte e tremendo o que nos queda por vivir o vindeiro 9 de xullo en Verdillo. Xa temos finalistas da #CopadaCosta de Veteranos tras unha fermosa volta, na que o Coristanco sufriu ata o último suspiro para eliminar ao Laxe, mentres o San Román facía valer a súa superioridade para meterse noutra final.

Coristanco - Laxe (2-1)

  • Coristanco: Chapas, Valeza, Toniño, Juan, Antonio, Mauri, Lorenzo, Carliños, Adrián, Moncho, Iván. Tamén xogaron: Chutin, Ton, Suso, Iván, Ramón e Maikel.
  • Laxe: Eloy, Jaja, Óscar Toja, Jaime, Roberto, Zefe, Carlos, Toja, Vicentiño, Josiño. Tamén xogaron: Beixana, Juan, Víctor, Tanque, Chema e Ángel.
  • Goles: 0-1, m.20: Óscar Toja de penalti cometido sobre el tras unha gran xogada regateando a varios rivais dende o córner; 1-1, m.43: Juan de cabeza nun córner; 2-1, m.89: Maikel tras varios rexeites dentro da área.
Oscar Toja foi un dos destacados do Laxe de Veteranos ante o Coristanco Oscar Toja foi un dos destacados do Laxe de Veteranos ante o Coristanco O partido arrincaba cos dous equipos metendo moita presión á saída do balón, vixiando moito aos Óscar Toja e Carliños, as dúas referencias ofensivas de Laxe e Coristanco, respectivamente. Óscar Toja, o pichichi ligueiro, foi de novo o mellor do cadro laxense. Aos 5 minutos avisaba cunha boa xogada individual. Aos 20 minutos abría o marcador dende os 11 metros despois dunha gran xogada. E aínda á media hora volvía obrigar a Chapas a facer un paradón á saída dunha falta.

Reaccionaba o Coristanco adiantando filas e facéndose co mando do partido, e facendo moito dano a balón parado. Lorenzo, outro dos destacados do partido, facía lucirse a Eloy. Un Eloy que tiña que empregarse de novo para sacarlle unha ocasión clara a Toniño. Xusto antes do descanso, de novo tras un saque de esquina pechado ben botado por Carliños, Juan empataba de cabeza, igualando a eliminatoria tralo 1-1 da ida.

Comezaba a segunda metade con Carliños e Óscar Toja avisando en cada área. O Coristanco mandaba algo máis e o Laxe saía con perigo á contra. Aparecía de novo Eloy, cunha doble intervención impresionante, primeiro a Carliños, o balón pega no poste a “bocajarro” páralle o rexeite a Iván.

Seguía o Coristanco tendo máis presencia en área local ata que a falta de 2 minutos, e nun tumulto tras outro córner, Maikel marca dándolle o pase ao Coristanco á final.

San Román - San Lorenzo (3-0)

  • Goles: 1-0, m.24: Pablo; 2-0, m.37: Víctor; 3-0, m.80: Alberto.

Non deu opción o San Román ao San Lorenzo, a pesar do 2-2 da ida e que os de Verdillo querían disputar a final na súa casa. Dominou de comezo a fin, marchando con 2-0 aos vestiarios e sentenciando xa contra o final, a pesar de que o San Lorenzo tivo algunha ocasión para recurtar na segunda metade sobre todo por medio de Marcos. Foi Cotelo, o meta carballés, un dos destacados do San Lorenzo, cunto a Rizos e Óscar, mentres que por bando larachés, destacaron Javi Fuentes, Alberto e Víctor.

A gran final e o duelo de Seleccións

FINAL DE COPA VETERANOS copia

O vindeiro domingo 9 de xullo, dende as 9:00h da mañá, o campo das Pedreiras acolle a gran festa do fútbol veterano. Comezará o partido entre a Selección de 1ª contra a de 2ª. Despois a gran final entre Coristanco e San Román, e para rematar, trofeos e churrascada da casa!

Estes serán os probables 11 do Coristanco e do San Román para a final da #CopadaCosta Estes serán os probables 11 do Coristanco e do San Román para a final da #CopadaCosta  

Novas relacionadas

Crónicas do ano pasado

Máis información

Fonte

Comentarios