Xa estamos desexando velos no Orballo Cultural de Portocubelo (ollo que están case sen entradas), e mentres a banda carballesa Apart seguen lanzando bombazos. Despois de paladear a súa versión máis íntima con Fearlles, onte lanzanban un temozo discotequeiro, o que dá nome ademais ao seu novo traballo: We Want It All, álbum quenos van deixando disfrutar single a single.
A través dun videoclip de inspiración setenteira énchenos de ganas de volver xuntarnos e gozar dos directos.
Todos os temas foron gravados en Nakra Estudo na Coruña e masterizados polo alemán Robin Schmidt. Nesta ocasión, o videoclip corre a cargo de Colectivo Lavalija baixo a dirección de Juan Pirola.
Así, seguimos esperando por ver en directo aos Inés Branco (Voz), Robin Mallo (Guitarra), Daniel Barreiro (Teclados), Iago Pardiñas (Baixo) e Pedro
Ramos (Batería).
Novas relacionadas
- Portocubelo, primeiro escenario costeiro do Festival de Orballo Cultural
- #SoandoconForza: Coñecendo a banda carballesa "Apart”
- “Son Carballo”, unha playlist de bandas carballesas.
- Abril 21: A banda carballesa Apart lanza “Fearless”, a súa versión máis íntima
- Xaneiro 2021: A banda carballesa "Apart" lanza o seu segundo adianto do disco "Everything”.
- Decembro 2020: “Honest”, o segundo traballo da banda carballesa Apart.