Mércores. 22.05.2024
El tiempo

Carballo

A Biblioteca da rúa San Xoán

Son un ente vivo as Bibliotecas de Carballo. Ademais dos 44.433 libros (e videoxogos, películas, xornais, revistas, ordenadores...) que poñen a disposición da veciñanza, son espazos fundamentais de dinamización cultural e social, como reflicten as 144 actividades que acolleron ao longo do ano 2023 e nas que participaron un total de 6.643 persoas.

Actividades como as visitas quincenais dos Ratos de Lonxedetodo, os concertos do Curruncho Pop, a PLIC ou a multitude de actividades infantís que se desenvolven arredor da Semana do Libro e a Lectura, convirten as Bibliotecas en espazos máis que vivos. Unha actividade que foi indo trasladándose da Biblioteca Rego da Balsa ao resto de centros, como a Biblioteca da rúa San Xoán, hoxendía tamén un gran epicentro cultural.

Así o ratificaPremio María Moliner á programación anual da Rego da Balsa recollido o ano pasado, feito que serve de impulso para seguir traballando no asentamento dos  tres clubs de lectura que teñen en marcha nestes momentos, a mellora da dotación tecnolóxica das instalacións a creación da sección “Outros idiomas” como novo recurso de acceso público ou a creación da sala-exposición Xoán López Eirís de teatro. 

Case 10.000 carnés

A concelleira de Bibliotecas, Arquivos e Normalización Lingüística, Ángeles Pacoret, ten claro que o obxectivo é achegar a cultura a todos os públicos, a esas 9.616 persoas que xa teñen o carné da biblioteca sobre todo. De feito, o ano pasado incrementouse a listaxe de abonados en 679 persoas, pero o número de visitantes que pasaron polas dúas instalacións municipais chegou a 43.041, aos que se suman as 5.501 consultas a través da internet.

A Rede espállase ademais pr outros puntos da vila como o recén estreado novo punto de troco de libros do Mercado Municipal.

Biblioteca Carballo troco_de_libros_mercado_1
O tronco de troco do Mercado
A Biblioteca da rúa San Xoán