Domingo. 03.11.2024
El tiempo

Un novo recoñecemento estatal para a Biblioteca Rego da Balsa

Actividades na Biblio Rego da Balsa
Unha marea de actividades enche de vida a Biblioteca Rego da Balsa
Un novo recoñecemento estatal para a Biblioteca Rego da Balsa

Non para a Biblioteca Rego da Balsa, unha das máis activas da provincia. Ata o punto que vén de conseguir o seu cuarto premio (xa o recibiu nos 2016, 2017 e 2018) no Concurso de proxectos de animación á lectura María Moliner, unha iniciativa do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para distinguir ás bibliotecas de municipios de menos de 50.000 habitantes “que leven a cabo un proxecto único que inclúa as accións da animación á lectura, a eficiencia e o labor bibliotecarios, a integracións social na súa comunidade, así como o uso das novas tecnoloxías”.

Unha gran nova para a concelleira de Bibliotecas, Arquivos e Normalización Lingüística, Ángeles Pacor, e o seu antecesor, Marcos Trigo, xa que das 360 bibliotecas premiadas en toda España só figuran cinco da provincia da Coruña, e unha delas é a de Carballo. E poderán investir os 2.772,22 euros do premio en mellorar aínda máis.

A Biblio, que o vindeiro ano cumplirá 10 anos, presentouse aos premios co proxecto "Libros de Carballo", que recompila as case 150 actividades desenvolvidas no último ano para a promoción da lectura entre todos os sectores da sociedade. Precisamente o domingo rematou no xardín municipal a Praza dos Libros, e o luns abriu as súas portas en Razo A Praia dos Libros, a única bibliopraia da Costa da Morte.

Ademais, ao longo do ano colabora cos centros de ensino e entidades da vila, promociona aos artistas e intelectuais da contorna. 
 

Comentarios