mércores. 04.06.2025
El tiempo

Carballo

Carballo acolle a estrea especial de Código Marcos, un documental que mergulla na maternidade e o autismo con honestidade e tenrura

O próximo xoves 5 de xuño ás 18:00 h, os Cines Bergantiños de Carballo acollerán unha proxección moi especial de CÓDIGO MARCOS, un documental íntimo e profundamente conmovedor que nos achega á maternidade e ao autismo desde unha perspectiva inédita.

Esta iniciativa, organizada por Un Paso Máis, Paseniño, Aspaber e Íntegro, conta co apoio de Autismo Galicia e coa colaboración do Concello de Carballo. As entradas estarán dispoñibles tanto na web do cine como na billeteira física.

Dirixido por Patricia Pérez Fernández e Liena Cid, CÓDIGO MARCOS é un retrato de realidade transparente e próxima, que nos abre as portas á vida dunha familia que convive co autismo. Durante máis de dez anos, unha nai grava aos seus fillos e a si mesma, sentindo a necesidade de documentar a súa maternidade ante a ausencia de referentes. Esta experiencia convértese nun testemuño vital cargado de significado e resiliencia, mentres se enfronta ao desafío do autismo dun dos seus fillos.

 Ao remate da proxección, o público terá o privilexio de participar nun coloquio cos organizadores, para reflexionar conxuntamente sobre as realidades abordadas no filme.

Codigo Marcos en Carballo

Carballo acolle a estrea especial de Código Marcos, un documental que mergulla na maternidade e o autismo con honestidade e tenrura