Xa os vimos presentarse aos Premios Enreguéifate, e estamos desexando velos máis a miúdo. Falamos do alumnado da nova Escola de Regueifa de Carballo, que gracias aos obradoiros organizados nas últimas semanas polo Servizo de Normalización Lingüística, ponse en marcha durante todo o ano coa colaboración das asociacións Casino 1889, Escola do Alprende, Nemeth e As Landras.
Como mestra de cerminonias, quen mellor que Lupe Blanco, a gran regueifeira de Coristanco.
A Escola de Regueifa de Carballo está aberta a todo o mundo, tanto a regueifeiros e regueifeiras que queiran ter un lugar no que practicar a súa arte, coma ás persoas que queiran iniciarse no canto rimado ou ás que simplemente queiran escoitar.
As xuntanzas celebraranse quincenalmente, os venres alternos. A próxima será o día 31 deste mes no Casino 1889, a partires das 19.00 horas.