Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Carballo

O documental de CUAC FM, no Galidoc do Casino1889

Este sábado 4 de novembro ás 19:00h terá lugar no Casino1889 a segunda sesión do GALIDOC IV a mostra de cinema documental galego do Casino. Despois do éxito da proxección bergantiñá de Bastidores”, proxectarase Nada que ver (2022) o documental dirixido por Iago Prada sobre a radio comunitaria da Coruña Cuac FM. 

Nesta ocasión, ao finalizar a proxección haberá un coloquio con membros do equipo de CUAC, entre outros estarán: Mariano Fernández Cabarcos, o cofundador desta radio comunitaria que aínda está en activo, que ademais sae no documental; Beatriz González de Canales Redondo (“Bea Ulalume”), parte do Consello de Cuac e é a voz en off do documental; Chus Abeledo, que segundo o equipo de CUAC, é a máis cañeira de todas as persoas que veñen; e Iago Prada, director e productor audiovisual.
Antes da proxección do filme, Laura Méndez Rodríguez, a presidenta do Casino1889, fará a presentación dun proxecto que está a xermolando no Casino que ten que ver coa radio: o podcast.

O documental de CUAC FM, no Galidoc do Casino1889