O colectivo Bastidores, protagonista da nova edición do GALIDOC
Este sábado 14 presentaremos o Casino 1889 de Carballo a cuarta edición do GALIDOC. Ese festival de documentais galegos que xa é toda unha referencia na provincia que serve para poñer en valor proxectos feitos na casa, e na nosa lingua.
Será Melina Regueira, integrante do Casino1889 e do equipo creativo do GALIDOC, a responsable da dar inicio ao festival. Xa falamos do documental que centrará o festival, “Povo de Barro, que se proxectará a partir das 19:50h. Pero antes, a cita servirá para presentar o grupo creador, o grupo de artistas carballeses Bastidores.
Laura Méndez, presidenta do Casino1889, irá presentando aos Tucho Caamaño, Sara Costas, Manuel Esmorís, Jaime Regueiro e Elena Rey, antes de que Cristina Pichel, Presidenta da Consellería de Xuventude da Xunta de Galicia, fale do apoio institucional, e do coloquio que seguirá á proxección.
Bastidores
Antón Díaz “Tucho Caamaño” (1998): é o encargado de realizar o guión e as entrevistas ás artistas convidadas no documental. Graduado en Belas Artes en Salamanca cunha traxectoria enfocada ao mundo artístico, é súa a idea orixinal de Bastidores.
Sara Costas (1999): é a directora artística; plasma cada un dos momentos e procesos do proxecto a través da fotografía. Realizou o ciclo superior de fotografía na EASD Pablo Picasso, e conta con varios cursos relacionados co mundo fotográfico. Actualmente, está cursando Deseño Gráfico. É a creadora da estética de Bastidores.
Manuel Esmorís (1998): é o cámara do proxecto. Cursou o ciclo medio de vídeo, ademais de contar con formación e prácticas en son.
Jaime Regueiro (1999): é o productor de Bastidores, ademais de cámara, director de son e realizador da montaxe. Cursou o ciclo superior en produción de audiovisuais e o ciclo superior de son.
Elena Rey (2000): desenvolve os labores de organización do proxecto, comunicación e administración de redes sociais. Estudante de psicoloxía con intereses no mundo organizacional e da publicidade.
Máis novas