Luns. 29.04.2024
El tiempo

Carnota

Monte Pindo, Espazos da Memoria: O tráiler

Moi emocionates foron as presentacións da pasada semana no Pindo e no Ézaro do proxecto Monte Pindo. Espazos da Memoria. Unha iniciativa que trata de recuperar a memoria histórica das covas do Monte Pindo.

Para iso, a compañía Aantena desenvolveu, co apoio da Deputación, un espazo web espazosdamemoria.gal, no que recolle un mapa, unha Ruta da Memoria (unha ruta de realidade aumentada con episodios en audio locutados por Lupe Blanco), e unha serie de pezas audiovisuais extraídas dunha serie de entrevistas realizadas por Ubaldo Cerqueiro, con Marcos Boédo á cámara e Monste Mira á edición de vídeo.

Queremos aproveitar para visibilizar ao máxima esta recollida histórica. Podedes pasar e mergullarvos en espazosdamemoria.gal, pero nós cada semana iremos recollendo os contidos de interese. Comezamos hoxe co trailer de presentación do proxecto, que ten personalidade propia.

Máis info

Monte Pindo, Espazos da Memoria: O tráiler