Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Cee

María Lado lanza "Forestal", novo disco con Aldaolado

A poeta ceense María Lado volve ser protagonista do panorama musical. O seu dúo coa herculina Lucía Aldao volve á carga co seu segundo disco, "Forestal", producido tamén por Mig Seoane.

Faino ademais saíndo á luz pública polo Día do Amor, con 5 cancións "que poboan un pequeno bosque onde medra o amor en calquera das súas manifestacións e, coma calquera bosque, está cheo de claros e sombras".
Chegan con esa mestura de música e poesía recitada, deixando patente que a poesía tamén se pode bailar, como levan demostrando 18 anos.

O adianto do EP, “Por que non nos volvemos bicar?”, viu a luz este nadal cun fermoso videoclip obra de Nacho Morán, de 100toVolando.

Aldaolado contan cunha banda estable coa que xiran presentando este disco e o anterior, “CASA!”, acompañadas de Violeta Mosquera á batería, Macarena Montesinos ao baixo e Rubén Abad á guitarra eléctrica.

O disco conta coa axuda do Fondo de proxectos culturais Xacobeo 2021-2022 da Xunta de Galicia.

María Lado lanza "Forestal", novo disco con Aldaolado