sábado. 14.12.2024
El tiempo

Cee

O alumnado do IES Fernando Blanco gaña o 1º do Concurso 25N de curtas da Xunta

Tenso e real como a vida mesmaé o vídeo que vén de gañar o alumnado de 1º curso do CM de Xestión Administrativa do IES Fernando Blanco o 1º Premio do Concurso 25N contra a violencia de xénero, na modalidade de traballos audiovisuais, convocado pola Consellería de Promoción do emprego e igualdade da Xunta de Galicia.

 

”Control virtual, violencia real” é o titulo deste vídeo, en forma de conversa de whastapp controladora, que realizou o alumnado coa profesora María José Pampín García.

A entrega do premio será o vindeiro 25 de novembro na Cidade da Cultura en Santiago.

O alumnado do IES Fernando Blanco gaña o 1º do Concurso 25N de curtas da Xunta