luns. 12.05.2025
El tiempo

Cee

Aspadex celebra o Día do Libro abrindo as portas do seu taller artesanal de encadernación

Con que cariño fan os usuarios e usuarias de Aspadex o proceso de encuardernación de libros. A entidade, que leva máis e corenta anos traballando a prol da persoas con discapacidade intelectual na Costa da Morte, quere poñer en valor o traballo que fai o seu Centro Ocupacional. E desta volta, aproveitando que o  23 de abril se celebra o Día Internacional do Libro, destaca a cantidade de traballos de encadernación artesanal que fan os seus coidadosos traballadores e traballadoras: libretas, axendas, albumes de fotos, anuarios, libros de sinaturas... traballos para diferentes Administracións: Concellos, Deputación de A Coruña e outras persoas particulares.

Para celebralo, a entidade vai facer unha mostra do seu taller artesanal. A mostra terá lugar na Tenda Solidaria que a entidade ten en Cee, na Avenida Fernando Blanco, e na que se comercializan os productos propios do seu Centro Ocupacional. Será en horario de mañá: de 11:30h a 13:00 h.

Dende a entidade convidan a todas aquelas persoas que o desexen a visitar esta mostra e este espazo nun día tan sinalado, para por en valor tanto a artesanía local como o traballo realizado polas persoas con discapacidade intelectual da comarca.

Aspadex-obradorio encadernación Centro Ocupacional

Aspadex celebra o Día do Libro abrindo as portas do seu taller artesanal de encadernación