Luns. 14.06.2021
El tiempo

Manteñen viva a deseucaliptización do Monte Cambeiro

Reforestacion de Boca de SApo en Corcubion
Manteñen viva a deseucaliptización do Monte Cambeiro

As dúas pasadas fins de semana, os membros da asociación ecosocial Boca de Sapo achegábanse de novo á zona deseucaliptizada do Monte Cambeiro para facer unha nova xornada de reforestación.

Tratouse dunhas xornadas que estaban organizadas polo Concello corcubionés aló por mazo, pero que se tiveron que adiar. Foron Daniel Monteagudo e Carla Soaje, de Ecotono, os que organizaron a plantación de érbedos, abeleiras, cerdeiras... ademais de instalar varios hoteliños para paxaros, morcegos, insectos ou ourizos.

Hotel para paxaros no Monte Cambeiro

Novas relacionadas

comentarios