domingo. 05.04.2026
El tiempo

Costa da Morte

Descubrindo a historia os Castelos da Costa da Morte co documental de Alejandro Gándara

Trala súa exitosa estrea nas Torres do Allo, Xa está en aberto o documental “A Costa e os Castelos”. A peza realizada polo recentemente premiado cun Mestre Mateo Alejandro Gándara, é unha interesante viaxe pola historia das fortalezas da Costa da Morte.

Tras ser premiada no III Certame 'Fondo de proxectos culturais Reino de Galicia' da Deputación da Coruña, Gándara propón media hora de fermosa imaxes e datos históricos sobre os castelos e pazos máis importantes da comarca. Coa voz de Marta Lado, embarcamos nun percorrido que fai paradas obrigatorias nos máxicos espazos do Castelo de Vimianzo, Torres de Mens, Pazo de Vilar de Franco, Castelo do Cardeal e o Castelo do Príncipe, ou as Torres do Allo, o primeiro exemplo da arquitectura paceira en Galicia, un centro cultural moi vivo.

Pero tamén por outros lugares que non tiveron tanta sorte en pasar de Castelos a Pazos, e pasar de ser unha edificaición defensiva a unha vivenda, como a esquecida Torre da Penela (Cabana), o derrubado Castelo do Soberano (Camariñas), ou a case lenda da Torre da Moa, nos Penedos de Traba e Pasarela.

Así ata chegar á fin da terra, a Fisterra, para coñecer de preto o Castelo de San Carlos (coñecida como a “Casa da Guerra”) ao agora Museo da Pesca.

Unidade didáctica

Alejandro Gandara no IES de Baio coa Costa e os Castelos
Alejandro Gandara no IES de Baio coa Costa e os Castelos

O proxecto vai acompañado dunha unidade didáctica para traballar os contidos con alumnado de 2º da ESO. Podes descargala en https://linktr.ee/costaecastelos.

Máis novas

Descubrindo a historia os Castelos da Costa da Morte co documental de Alejandro Gándara