Sumerxidos nos bosques do Vákner a banda Luar na Lubre volve saír á escena cun novo traballo no que a Costa da Morte ten un papel especial.
O 19º traballo discográfico do grupo aproveita o fío do Xacobeo para poñer en valor patrimonio humano do Camiño de Santiago a través das historias de quen percorreu, e segue a percorrer, os seus sendeiros: os peregrinos. Neste disco a Costa da Morte ten un papel protagonista en temas como Mártiros e o vákner, (Bela) Muxía e Dugium, ou en creacións sonoras como Camiño dos celtas e Na romería.
Onte facía a estrea especial cun doble pase na Estrada, pero xa tendes o álbum (dispoñible en tendas físicas e plataformas dixitais) coincidindo coa publicación do terceiro single, Dum Pater Familias, cantado integramente en latin e que conta cun videoclip de animación.
Novas de Luar na Lubre
- Luar na Lubre sumérxese nos bosques de Dumbría co Vákner.
- Entrevista de David Lourido: Luar na Lubre (II): “A Costa da Morte é unha paixón”.
- Entrevista de David Lourido: Luar na Lubre: “A música tradicional é a nai de todas as músicas”.
- 2016: Luar na Lubre celebra os seus trinta anos cun novo disco.
- 2016: Luar na Lubre volve espallar o nome de Muxía e da Costa da Morte.
- 2015: Bieto Romero de Luar na Lubre: “Fisterra pretende ser o himno dos mariñeiros”.
- 2014: Luar na Lubre estrea a súa Torre de Breogán.
- 2012: Luar na Lubre pide a declaración do Monte Pindo como Parque Natural na presentación da súa nova voz..
- 2011: Paula Rey, unha nova e impresionante voz para Luar na Lubre.
- 2010: Luar na lubre homenaxea ao Monte Pindo no seu último disco.