Continúa o sector da pesca recreativa loitando por manter os seus dereitos. Se pola comarca a xente se concentra ante o intento de criminalización dos pescadores nos peiraos, a nivel estatal está en marcha o Real Decreto sobre a Regulamentación da Pesca Deportiva en Augas Exteriores, e decir augas de competencia Estatal. O Ministerio de Agricultura e Pesca ten en fase de alegacións este Real Decreto, que segundo a Asociación Galega en Defensa da Pesca Recretativa “mostra unha intención restrictiva de cara a Pesca Recreativa. Esta actitude vaise amosando cos cambios que pretende introducir e con avisos que non podemos deixar pasar deasapercibidos: Restriccións, en capturas en especies sensibles, Mero, Besugo ou Lubina. Que xa na actualidade teñen cotas e taias.
Dende a entidade lamentan que non haia ningún estudio “que saibamos” que xustifique estes cambios. “Pero o dato curioso é que estas restriccións so afectan a Pesca Recreativa, a que ten un potencial de captura infinitesimalmente inferior a pesca comercial. Non ten sentido. Que se quere protexer?”
Non entenden como no decreto non se establecen periodos de veda, e lamentan que as cotas de pesca, 5kg por pescador e día, de momento, se manteñenm pero poderían ser revisadas só para os pescadores recreativos.
”Tamén resulta sorprendente a limitación a posibilidade de ter abordo material de pesca, ainda que non esté en acción de pesca, establece que só se poden ter 2 carretes eléctricos por pescador. Esto non ten moito sentido si xa o propio pescador ten limitadas as sus capturas a 5Kg por persoa”, sinalan.
Dende a entidade lamenta que non haia valoración do impacto económica negativo a nivel negocios, postos de traballo… que pode xerar este decreto. Por iso, máis de 200 pescadores galegos e outros milleiros a través das redes sociais susbcriben este vídeo.