Xa fiemos unha viaxe pola riqueza xeolóxica do país montados no seu dron. E hoxe facemos o propio polas praias do litoral galego. Xacobo de Toro Cacharrón, o pioneiro mestre do IES de Malpica trae un novo vídeo aéreo con imaxes das praias de Montelouro, Lariño, Praia de Carnota, Reira e o Trece Camariñas, Traba e a praia de Laxe, a Barra e o Esteiro do Anllóns, ou Baldaio (Carballo), entre outras moitas.
Son sistemas costeiros afectados pola ondada, e para realizar o vídeo contou coa colaboración de Alberto Fortes Novoa, Fernanda Molto Roibal e Rocío Romar Roel.
Novas relacionadas
- Xacobo de Toro, un dos premios Youtubeir@s 2019.
- XeoClip fai un repaso pola riqueza xeolóxica e paisaxística do país a vista de dron
- Xeoclip: aprendendo de xeoloxía dende o Youtube.
- O mestre youtubeiro Xacobo de Toro, Biólogo do Ano
- Xacobo de Toro, 5º mellor docente de Secundaria de España: “É necesario reducir o ratio de alumnado por aula”
- Xeoclip: aprendendo de xeoloxía dende o Youtube