Sábado. 12.10.2024
El tiempo

Fisterra

A Danza chega á fin da terra

O espectáculo E-migrantas de Kirenia Danza chega este venres ás 20,30 horas ao Cabo de Fisterra no marco do programa Propulsa Danza + Paisaxe + Patrimonio.

Unha iniciativa da Xunta para poñer en valor lugares especialmente simbólicos, se ben caso de que a meteoroloxía impida realizar a actuación no exterior, trasladarase ao pavillón municipal.

E-migrantas é unha danza sobre a última diáspora galega, na que Esther Latorre e David Loira bailan a experiencia emigrante da última xeración. Kirenia Martínez Acosta é a directora da coreografía e o texto de Branca Novoneyra. Pola súa banda, Babykatze e Bruno Baw son os autores da música. O vestiario corre a cargo de Jandro Villa, mentres que o deseño gráfico e de luces, de Niko Alvarellos e de Diego Vilar Ortigueira, respectivamente. Lía Pérez Domínguez é responsable das traducións. A produción é de Uxío Novoneyra e o
servizo técnico de Equipo Creativo RTA.

A Danza chega á fin da terra