O Hotel Literario e Sostible Bela Fisterra volveu encherse de personalidades para do eido da cultura para acoller unha nova presentación literaria. Desta volta os protagonistas foron Antonio Raúl de Toro e Xosé Miguel Jiráldez, os coordinadores do libro “Fisterras Atlánticas: unha antoloxía da poesía Galega e Irlandesa contemporánea”, unha antoloxía editada por Medulia na que a Costa da Morte ten unha importante presenza.
De feito, compartiron protagonismo os poetas costeiros Xosé Iglesias, Alexandre Nerium e Modesto Fraga, que tamén participan na antoloxía.
- Máis información: Medulia Edicións publica "Fisterras Atlánticas”.