mércores. 30.04.2025
El tiempo

Fisterra

Buscan no Cabo Fisterra a un home de Frades desaparecido

Esta mañá de xoves continúa a busca na contorna do Faro Fisterra dun home desaparecido. J.A.C.L., natura de Frades (60 anos, 1,70, pelo e bigote branco, e calzaba zuecos), collía o pasado martes un taxi ata Fisterra. A familia daba o aviso ás autoridades, que levan xa buscando dende onte.

Nestes momentos hai 4 patrullas da Garda Civil batendo a costa fisterrá, unha delas coas motos do Seprona, o Servizo Aéreo, e mesmo os drons da AXEGA, apoiadas polas patrulla da Policía Local e de Protección Civil da vila do Cristo.

Buscan no Cabo Fisterra a un home de Frades desaparecido