Venres. 29.03.2024
El tiempo

Fisterra

Jénifer Suárez, unha fisterrá entre as Mulleres do Mar

A semana pasada escoitábamola nun faladoiro sobre «Mulleres de mar». Esta semana a mariñeira de Sardiñeiro Jenifer Suárez, convírtese en protagonista nun dos microrrelatos do proxecto Afundación en casa, enmárcase dentro do programa «Comprometidos co Medio e os Océanos», promovido por Afundación e ABANCA.

Xunto con Rita Míguez, mariscadora e presidenta de ANMUPESCA e Rosa Chapela, responsable da área de Socioeconomía da Pesca do CETMAR Vigo a nosa mariñeira ponse diante da pantalla para mover conciencias sobre a urxencia de coidar o mar e os océanos, aproveitando que esta semana se celebra o Día Mundial do Medio Ambiente e do día Mundial dos Océanos.

O día 24 de xuño erá o da presentación oficial do relato de Jenifer Suárez, pero a Afundación xa nos deixa ver este vídeo, creado polo cineasta Marcos Gallego.

Jenifer Suárez 2 copiaJenifer Suárez marineira de Sardineiro

Novas relacionadas

Jénifer Suárez, unha fisterrá entre as Mulleres do Mar