Martes. 07.07.2020
El tiempo

Jenifer Suárez: “Tiven que calar moitas bocas”

Jenifer Suárez: “Tiven que calar moitas bocas”

Este pasado mércores celebrouse un interesante faladoiro de xénero vinculado ao mar. A Fundación e ABanca, no marco do programa «Mulleres do mar», invitou a participar a Jenifer Suárez, a mariñeira de Sardiñeiro, acompañada de Rita Vidal Mouriño, presidenta da Asociación de Mariscadoras Amarcarril; e Rosa Chapela, responsable da área de Socioeconomía da Pesca do CETMAR Vigo.

A historia de Jeni xa a coñecemos. Vinculada ao mar dende sempre, pois é filla e neta de mariñeiros, foi medrando entre aparellos de pesca e pescando maragotas e luras, e sempre tivo claro que o seu futuro estaba en fronte de casa. A pesar de que a súa familia non cría que fose en serio, pero a súa determinación levouna a estar rachando con estereotipos de xénero, realizando tarefas do ámbito do mar tradicionalmente reservadas aos homes.

Así o explicaba durante o faladoiro. Á pregunta de se consideraban que aínda existía a brecha de xénero, Jenifer explicou que no seu caso “tanto salarialmente como no traballo, teño os mesmo dereitos que os meus compañeiros, todos homes. Ó principio si que me costou un poco incorporarme porque me dicían que non iba aguantar e tiven que calar moitas bocas. Pero agora bótanme de menos, se non estou sempre preguntan, ‘e cando vén Jenifer?”

Os asistentes virtuais tamén lle preguntaron como era faenar nunha zona como a Costa da Morte. “Os invernos son súper duros e hai días que vas ó mar con medo. Pero bueno, unha mala experiencia pódeche pasar aquí, nas Rías Altas ou nas Rías Baixas. Ten un pouco de lenda”, explicou.

Novas relacionadas

comentarios