sábado. 14.12.2024
El tiempo

Fisterra

“A muller ía pra todo”

Vén de facer a reviista de historia e Cultura Mazarelos unha reportaxe audiovisual en Fisterra. 5 veciñas da Insua, San Martiño e Fisterra participan nesta serie “Loitar saben”. Contan todo o que facían daquela, facendo de todo mentres os homes ían ao mar: “ían ao valume, ao lavadoiro, ao peixe á praza de Cee camiñando e mesmo algunha delas ao mar.”

Un testemuño que non se pode perder, para dar conta da "capacidade superación no eido do traballo e no crecemento destas, dando como resultado a evolución e a condición de transgresor o seu día a día".

O proxecto mostra dous escenarios principais, distanciados polos aproximadamente 200 quilómetros que separan as mulleres de Fisterra das de Loiba. Estes dous puntos da xeografía galega recollen os espazos de labor mais tamén os de lecer que se gravaron na memoria destas mulleres. Os anos de esforzo refléxanse agora nas súas facianas dun xeito diferente ao facer o exercicio de recordar. Loitaron de formas ben diferentes pero conectadas na perseveranza e polo acompañamento das súas compañeiras.

En Fisterra, un grupo de cinco veciñas dan a coñecer como era un día de traballo na súa vida cotiá. A súas xornadas estaban marcadas polas tarefas domésticas e de coidados pero tamén sempre cun ollo no mar, o cal era o principal sustento que tiñan, vendendo os produtos que este lles ofrecía. Con el desenvolveron unha relación de comunicación pero tamén de prudencia. Palabras como “valume”, “halar” ou “romaría” entre outras marcaron esta rutina e a súa identidade como mulleres traballadoras no rural.

“¡Que vivan, pois loitar saben!” clamaba Rosalía e desexa este audiovisual no resgardo da importancia da oralidade.

O traballo foi realizado ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021-2022 da Xunta de Galicia.

“A muller ía pra todo”