Domingo. 14.07.2024
El tiempo

Fisterra

Marilar Alexandre xa é madriña do Bela Fisterra

Marilar Alexandre é unha das escritoras máis importantes de Galicia. Poeta feminista, escritora en galego, investigadora en pensamento crítico, é integrante da Real Academia Galega.

A súa relación coa Costa da Morte vén de lonxe. Malia nacer en Madrid e vivir en santiago, apropiouse de infancias e lembranzas doutros en Cee e Fisterra: a vila imaxinaria de Lobeira nos relatos de “Lobos nas illas” (1996/2024) (“Lobos en las islas”, 2001/2022), o que lle valeu formar parte do Batallón Literario da Costa da Morte naqueles vivos finais dos 90, comezos dos 2000.

Esta fin de semana estivo no Bela Fisterra, para amadriñar “Marea Viva”, o cuarto vivo do primeiro hotel literario de Galicia. Porque se 15 das 16 habitacións do hotel fisterrán están adicadas ás grandes obras da Literatura universal do Mar, hai unha dedicada a unha estrela literaria contemporánea que logo de aloxarse nese cuarto, se inspira, crea e nos agasalla coa sua obra para tematizar ese espazo.

A primeira Marea Viva foi Yolanda Castaño, Premio Nacional de Poesía 2023, e sucedeuna Juan Carlos Mestre, o artista Berciano, Premio Nacional de Poesía 2009 e da Crítica 2012. Dende esta fin de semana, a madriña da habitación é Marilar Alexandre, escollida polo Comité de Sabi@s costeiro: Antón Castro, Juan Creus, Covadonga Carrasco, Xosé Teiga, Yolanda Castaño, Bieito Romero, Modesto Fraga e Rodrigo Costoya.

Con este fermoso vídeo realizado por Alberto Pombo (comprometido mestre que desenvolve na Coruña a campaña "Aquí tamén se fala galego"), e un fermoso acto de presentación, Marilar tomou posesón.

Marilar Alexandre no Bela Fisterra

Marilar Alexandre no Bela Fisterra con Alexandre Nerium

Marilar Alexandre xa é madriña do Bela Fisterra