Domingo. 01.11.2020
El tiempo

Malpica

As redeiras presentaron o seu documental

Fin de semana de mar en Malpica. A Sala de Conferencias do Centro de Artesanía de Buño acollía unha cita especial, organizada pola Asociación de Redeiras O Fieital de Malpica. Un Encontro para profesionalizar o traballo das "atadeiras", e atopar un relevo xeracional.

O obradoiro de iniciación á confección e reparación de artes de pesca foi desenvolto por varias redeiras. Posteriormente, Ángeles Mille, presidenta do Fieital realizou unha charla e presentou o documental creado no marco deste proxecto, que tamén inclúe unha completa exposición no CAT.

Así asistentes puideron visionar este documental “As redeiras e o mar. Artesás Atlánticas”. Un traballo para dignificar a profesión, e así dar conta da necesidade de profesionalizar, e conseguir melloras salariais como obter o coeficiente redutor do resto do sector, así como poder entrar na lei de pesca.

Sesion cas redeiras en Malpica

Novas relacionadas

As redeiras presentaron o seu documental