Venres. 26.04.2024
El tiempo

Mazaricos

Cuñaos: Xosé A. Touriñán, Miguel de Lira e Federico Pérez Rey saltan á gran pantalla

O vindeito 9 de abril tres dos nosos actores favoritos asaltan a gran pantalla. Os cines do país proxectarán a ópera prima de Toño López. Producida por Alfonso Blanco de Portocabo, “Cuñaos” preséntase como unha disparatada comedia familiar na que o carnotán Miguel de Lira, o mazaricán Fede Pérez Rey e o fillo adoptivo da comarca, Xosé A. Touriñán farán as nosas risas.

Sinopse

Eduardo (Miguel de Lira) e o seu cuñado Sabonis (Xosé A. Touriñán) acaban de meter a pata nun dos seus negocios e necesitan diñeiro. Moito diñeiro. Será Sabonis quen atope a solución ao problema secuestrando a Modesto (Federico Pérez Rey), cuñado de Alicia Zamora, a empresaria que os enganou e deixou tirados. Só hai un pequeno problema: Alicia non pensa pagar nin un euro polo seu cuñado. Con todo, é o propio Modesto quen pensa un novo plan co que Eduardo e Sabonis poderán salvar a adega familiar. Estes tres cuñados téñeno todo para fracasar, pero como diría Sabonis, malo será.

cartel peli cunaos

Novas relacionadas

Cuñaos: Xosé A. Touriñán, Miguel de Lira e Federico Pérez Rey saltan á gran pantalla