Venres. 29.03.2024
El tiempo

Mazaricos

"De muller a muller", a campaña de Egueire polo 8M

Con este artesanal proceso de creación dunha pequena figuriña, Egueire ONG lanza a campaña “De muller a muller” polo día da muller traballadora e que se prolongará ata o día da nai. O proxecto destinarase para manter as axudas que leva a ONG ofrecendo a cooperativas de mulleres no país marfileño dende o 2012; actualmente a ONG está colaborando con 9 cooperativas o que supón unha axuda directa a un total de 3.000 mulleres.

Pero aí non queda a cousa; a ONG para financiar esta iniciativa está traballando con artesanas marfileñas que están deseñando colares, os cales se poñerán a disposición no mes de Abril ante a campaña do día da nai; polo que se ofrece o traballo artesán realizado por unha muller, destinado para outra muller e que axudará a financiar proxectos cooperativos de mulleres; unha boa forma de reivindicar o papel e potencial da muller africana.

Dende Egueire ONG invitase a colaborar con esta iniciativa para poder manter a labor destas cooperativas e permitir a entrada de novas cooperativas a plataforma de axudas.

"De muller a muller", a campaña de Egueire polo 8M