Domingo. 22.05.2022
El tiempo

Muros

O Dúo Minúsculo protagoniza o vídeo oficial do Festival Rompetiño Jump

Novo paso adiante na carreira do Dúo Minúsculo. O dúo cómico muradán protagoniza o videoclip oficial do Festival Rompetiño Jump, o festi de Porto do Son. “Calaveras”, cantado xunto con Miriam Agraso, é o hinmo dun festival que achegará ña Barbanza dous días de festa, os 3 e 4 de setembro.

“Escoitar as nosas voses en un tema e vernos en un videoclip sin pintar o gilipollas, parésenos increíble. Non é fásil meterte en un mundo que non conoses, pero como mola ver o resultado”, reflexionan nas redes os dous cómicos.

Tamén participará na promoción o surfista loureán Guillermo Carracedo, portada ademais da revista do festival.

Guillermo Carracedo na revista do Rompetino JumpMinos do Duo Minusculo no himno do Rompetino Jums

Novas relacionadas

O Dúo Minúsculo protagoniza o vídeo oficial do Festival Rompetiño Jump