Xa a liou con "Os Meus Males", pero vai quedar curto co que vai armar con este "Eu e ti". O novo talento emerxente da música muradá, 9Louro vén de publicar en todas as plataformas o seu último sixenlo despois do lanzamento do seu LP “Nove Noves”.
Un traballo que xorde do paraíso natural de Montelouro e camiña con ilusión cara as prazas máis urbanas. Trap, funk Brasileiro e ata unha bachata cun son único e descarado, cunha base afro beat creada polo productor do artista Yuly en agosto de 2024.
O tema no verán de 2024, despois dun concerto multitudinario do irmán do artista, Xanma de The Rapants, na praza de Mazarelos de Santiago de Compostela. Martín acudía como público e inmerso nunha historia de amor apaixoante, ao día seguinte escribía esta letra.
Nun impulso, comparteu de inmediato o tema a modo mensaxe que foi evolucionando ata este novo sinxelo no que o artista continua coa súa progresión.
Nas vindeiras semanas, o artista publicará 10 concertos que serán o inicio da súa xira por salas e festivais de todo o territorio galego.

Máis novas de 9Louro