mércores. 04.12.2024
El tiempo

Muros

A nova estrela da música urbana muradá, 9Louro, lanza LP

Xa temos nova estrella da música muradá dando conta de que a industria da música en Galicia segue a traballando en definir o Talento Emerxente. E Muros xa sabemos que derrocha talento.

Neste caso falamos de 9Louro, que vén de publicar o seu primeiro LP, Nove Noves, xa dispoñible nas principais plataformas. Un traballo que xorde do paraíso natural de Montelouro e camiña con ilusión cara as prazas máis urbanas. Trap, funk Brasileiro e ata unha bachata cun son único e descarado.

Letras íntimas nas que o amor e o desamor conviven sen complexos, se amosan como auténticas e viaxan polas emocións das experiencias máis persoais e as influencias musicais do seu entorno.

O disco foi producido, gravado e mesturado por Yuly e o propio 9Louro nos meses de xuño e xullo en Louro na propia habitación do artista. 

9Louro e Os Chavales- portada de Nove Noves-Foto- Antón Vidal
9Louro e "Os Chavales" na portada de Nove Noves-Foto- Antón Vidal


O 16 de outubro de 2024, 9Louro publicaba o primeiro sinxelo deste LP “Dios Me Libre”. Unha homenaxe á autenticidade e ás raíces máis persoais e familiares do artista. Os protagonistas do videocplip gravado no seu Louro natal baixo a dirección de Antón Vidal, foron os seus avós maternos. Un tema cunha profunda carga emocional con dúas persoas clave na súa crianza e no acompañamento de Martín Louro, nome real de 9Louro, nos seus primeiros pasos profesionais. O verso central “Dios me libre de convertirme de alguén que non son”, reflicte a consciencia sobre este mundo na que a presión externa limita a creación artística.

Continuaba o muradán coa publicación do segundo sinxelo “Os Meus Males” e o seu videoclip igualmente dirixo por Antón Vidal. Nesta ocasión, a rampla de Joday en Louro presenciaba a historia de amor dunha parella fugada do bar Xeixo, icono da xuventude local de Montelouro. A beleza única da paisaxe, convive coa faceta máis vulnerable e feble do artista en forma de bachata de desamor. A búsqueda por parte de 9Louro dun espazo de empatía entorno as partes máis sufridas do amor e o sufrimento.

O LP conta con colabotacións de amigos como DkPrichos, artista local de reggaeton, Lil Chachi, o irmán do artista, Willow GHZ, un referente na escena urbana galega, acompaña no sétimo tema “Amarroume en Amaro”, ou os compas XianPais, FabioVZ, e K291.

 

 

 

A nova estrela da música urbana muradá, 9Louro, lanza LP