Domingo. 21.04.2024
El tiempo

Muros

A banda muradá Trapos Sucios volve tras #10anosensilencio

Víñase xestando algo na rede muradá coa etiqueta #10anosdesilencio. 10 anos dende que os Trapos Sucios, tras gañar o certame do Rock in Río Tea, colgaban as guitarras. 10 anos que xa era demasiado tempo para os amantes do rock crú da banda muradán.

Así, este martes os Trapos Sucios anuncian a súa volta. A formación, recoñecida como parte da historia da música de Muros, rompe o silencio cun fermoso vídeo no que implican a unha mare de veciñas e veciños, que alzan a bandeira do grupo por varias localizacións de todas as parroquias do concello de Muros.

A banda

Trapos Sucios banda muros

Trapos Sucios naceu en 2002 e cunha carreira marcada polo seu estilo e a súa provocación foron quen marcar a unha xeración e ser parte fundamental da historia musical de Muros, converténdose nunha fonte de inspiración para numerosas bandas da contorna que, a día de hoxe, continúan o seu legado. Con letras que capturaban a esencia da vida cotiá, mesturando críticas sociais con notas de esperanza, a banda publicou tres traballos, “¿Y tu que opinas?” (2007) disco debut, “Con el agua al cuello” (2009) e a seu ópera prima “Idiocracia” (2013).

A banda composta por Germán (voz), Kaio (guitarra), Denis (guitarra), Tararo (baixo) e Pedro (batería), anuncia o seu regreso pero sen desvelar cal será o escenario do seu último concerto. “Volvemos para despedirnos e cumprirémolo neste 2024, a idea do reencontro é saber dicirlle adeus a todas esas persoas que dende 2014 non souberon máis de nós. Só temos claro que nos xuntaremos unha vez máis para cantar as cancións xunto ao público. É unha reunión que lle debemos a xente que sempre nos apoiou e a nos como banda”, comenta Denís Lamela.

Trapos Sucios acaba así un silencio que para moita xente foi incomprensible, sen unha despedida e no punto máis alto da súa traxectoria.

Máis novas

A banda muradá Trapos Sucios volve tras #10anosensilencio