Sábado. 12.10.2024
El tiempo

Ponteceso

O BNG de Ponteceso denuncia, tras outro “pleno esperpéntico”, a utilización do alcalde do orzamento para chantaxear á veciñanza

Fai unha semana do pasado pleno (outra vez calificado de “esperpéntico”) de novembro, pero dende o BNG non queren deixar de criticar o que consideran un abuso de poder do alcalde Lois Carballido.

A voceira e candidata local Fátima Rodríguez Gonzálvez lamenta que “a esperpéntica situación da corporación municipal prive á cidadanía dos investimentos que precisa”. Todo nun pleno carente de contido (non houbo nin declaración institucional polo 25N nin petición por parte de ningún grupo).

”Unha vez máis que os enfrontamentos persoais e o personalismo están por riba de todo”, lamenta Rodríguez. “Pero máis alá do espectáculo lamentable, na sesión quedou que manifesto unha moi preocupante realidade: non hai interese por parte do goberno local en que o Concello de Ponteceso teña uns orzamentos axustados á realidade económica actual e ás necesidades da veciñanza.”

A realidade é que os orzamentos municipais seguen prorrogados dende 2020, polo que segundo Rodríguez “O Concello funciona, case podería dicirse que por decantación”, pois falamos dunhas cifras pre-pandemia, que non contemplan a suba de servizos básicos, encarecemento de man de obra…

Chantaxe

Máis grave foron as verbas de Carballido: “volverá haber orzamentos cando volva ter maioría suficiente”, no que para o grupo da oposición é un novo “vergoñento alarde de autoritarismo absolutamente antidemocrático por parte do alcalde”.

Por todo isto, Fátima considera que “É necesario rematar con esta polarización que xurde da corporación e contaxia ao día a día do pobo e as relacións entre a veciñanza, como se vivísemos nos límites dunha sorte de burato negro que remata por absorber todo o que se lle achega e o contamina con ese comportamento. Temos o convencemento de que é necesario transformar Ponteceso, empezando por outra forma de facer política, para poñer a defensa do territorio e das persoas no centro dos intereses do Goberno municipal, para acadar unha nova Ponteceso”.

O BNG de Ponteceso denuncia, tras outro “pleno esperpéntico”, a utilización do alcalde do orzamento para chantaxear á veciñanza