Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Ponteceso

Daniela rompe as barreiras comunicativas coa IA para contar a súa vída con Síndrome de Rett

Xa temos coñecido o caso de Daniela Novo Garrido, a pequena pontecesá con Síndrome de Rett. Hoxe afondamos moito máis na súa vida gracias a esta curta-documental realizado por Fina Paulos Lareo e Óscar Rey Calo, na que se apoian na Intelixencia Artificial para romper as barreiras comunicativas e ensinar a realidade desta enfermidade rara.

Trátase dunha peza audiovisual creada no marco do 2º Certamen Internacional de Fotografía e Cortometraxes sobre enfermedades raras" organizado por UVEME. Está arrasando nas redes, e esperan colleitar máis dun premio na entrega de premios do vindeiro mes de setembro.

No documental, ademais de persoeiros ilustres coa axuda da IA, fala moi ben Sara, a titora de Daniela na CRA Señora do Faro, sobre a integración nunha escola rural como a de Tallo. Fala tamén a nai que valora moito o apoio da sociedade pero non tanto o das administracións, pero que recomenda vivir no rural.

Novas relacionadas

Daniela rompe as barreiras comunicativas coa IA para contar a súa vída con Síndrome de Rett