Sábado. 11.05.2024
El tiempo

Vimianzo

A artesanía volve tomar o Castelo de Vimianzo

Este sábado arrincan os obradoiros de artesanía no Castelo de Vimianzo coa actividade de fiado do liño. Faino no marco do comezo da Mostra de Artesanía en Vivo. A partir das 11:00h haberá obradoiros para os que é necesaria a inscrición previa.

Será a primeira dun compendio de actividades que buscan poñer en valor os produtos de manufactura de toda a Costa da Morte, como o propio liño, a palla de Baíñas ou a olaría de Buño.

As prazas estarán limitadas a 12 persoas adultas ou menores a partir de 8 anos acompañados dunha persoa adulta. Desde o Concello de Vimianzo aproveitan a ocasión para convidar á veciñanza a engalanar as súas fiestras e balcóns de cara unha nova edición do Asalto ao Castelo, que non poderá celebrarse como de costume pero que servirá de previa para a conmemoración do XXV aniversario.

A artesanía volve tomar o Castelo de Vimianzo