Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Vimianzo

Tecor Societário asalta o Castelo de Vimianzo

O Castelo de Vimianzo é o escenario escollido para o segundo videoclip da campaña transmedia #PatrimonioInMaterial que está a realizar a Deputación da Coruña. Despois de ver a Adhara & Ritman en Dombate, o segundo grupo en poñer en valor un espazo cultural da provincial é "Técor Societario", que gravou o seu tema a “Força de mil anos”, na fortaleza vimiancesa. Unha mestura entre punk e celtic folk que convida a coñecer a nosa historia e organizarse contra as inxustizas sociais como xa fixeron os nosos devanceiros. <

Ademais dos vídeos, a campaña complétase diversas accións de difusión a cargo de creadoras de contidos culturais e xestores de comunidades: os luns a última hora Rodri Míguez fai unha análise dun minuto do espazo escollido para interpretar a canción, os martes á tardiña a conversa é en Twich da man de Orgullo Galego, os mércores Ola Xon Mario! encárgase de poñer a nota de humor e os xoves un post de Orgullo Galego achega lendas e datos de interese relacionados co ben de interese.
 

Tecor Societário asalta o Castelo de Vimianzo