![No Val de Baíñas construirase unha aula da natureza por un importe de 108.900 euros]()
No Val de Baíñas construirase unha aula da natureza por un importe de 108.900 euros
Melloras na casa do concello, construcción dunha aula da natureza, reparación do alumeado e do firme dalgunhas estradas,... son algunhas das obras que levará a cabo o goberno municipal de Vimianzo tras a demanda da veciñanza. En total destinaranse 541.909,63€ procedentes de distintos programas como o
plan de cooperación de obras e servizos da Deputación da Coruña - POS - , o plan de aforro e investimento da Deputación da Coruña - PAI -, do Fondo de compensación ambiental da Xunta de Galicia - FCA - e de outras subvencións da Xunta de Galicia.
Por unha parte, xa están formalizados os contratos para o arranxo e mellora do Muíño das Pasantes - POS -, reparación da cuberta e mellora dos accesos á casa do Concello - POS - e da mellora do firme da estrada Tines-Bamiro - PAI -. E, por outra, atópanse en proceso de licitación ou adxudicación os contratos para a mellora das beirarrúas en Pasarela - POS -, para a construción dunha aula da natureza na contorna da presa do Val en Baíñas - POS -, para a mellora das instalacións da antiga escola de Vilar de Cereixo - FCA -, para a mellora do alumeado da Piroga - FCA - e para construción dun Punto Limpo no parque empresarial de Vimianzo - subvención da Consellaría de Economía e Industria -.
Outras melloras
Ademáis destas actuacións están en fase de proxecto outras actuacións coma a mellora da pista polideportiva de Vimianzo, a realización da cuberta da pista de pádel municipal, a construción dunha pista polideportiva na contorna do campo de fútbol, a mellora das instalacións da escola unitaria de Carantoña, a mellora de parques infantís en Serramo, Treos, Bamiro, O Mouzo (Carnés) e Tufións (Cereixo), a construción dunha praza na parroquia de Cereixo e o arranxo de pistas forestais en varias parroquias.
- Beirarrúas en Pasarela: 24076,28€
- Muíño das Pasantes: 30213,7e
- Aula da Natureza presa do Val de Baíñas: 108900€
- Mellora acceso a casa do Concello: 25410€
- Rehabilitación da escola de Vilar: 39688€
- Mellora do firme na estrada de Tines a Bamiro: 104560€
- Alumeado da Piroga: 59989,65€
- Punto Limpo no parque empresarial de Vimianzo: 149072€
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Vimianzo