Xallas e Dumbría animan o Mercado de Fichaxes “donClic”


Continúa o baile de fichaxes e seguimos actualizando a táboa “donClic” do mercado futboleiro. Hoxe temos que ir ata a Preferente, onde Xallas e Dumbría moven ficha.
Por Santa Comba, o equipo de Noé ademais da fichaxe de Borja Gándara, recén chegado do xuvenil División de Honra do Santiago, suma 3 novidades de gran entidade. Álex Canedo, escollido como un dos Mellores Centrais da Liga na Gala QPC deixa o Baíñas despois dun temporadón para volver á Preferente. Pablo Vigo volve á que foi a súa casa cando era bicolor, para seguir apuntalando a defensa. E dende Compostela chega o dianteiro Julián, que o ano pasado só puido disputar, por motivos laborais, media temporada.
Operación Retorno

O novo Dumbría de Diego Lobelos, baixo a dirección deportiva de Óscar Leis, parece que busca o retorno de antigos xogadores. O primeiro, o fisterrán José Marcote que volve a casa despois do seu paso polo Racing de Ferrol e o CD As Pontes da 3ª División.
O club anunciaba ademais estes días a renovación de Diego Cespón, Aarón, Bouzi, Iago, Rivi, Jose e Raúl.
Máis información
Máis movementos de verán
- A actual directiva salva ao Zas renovando un ano máis.
- Manolín volve aos banquiños.
- Adrián Lema guiará o barco do Muxía.
- Diego Lobelos, Óscar Leis, Paco, Dani Calvete, Toni e outros movementos no Fútbol da Costa.
- Roberto Amoedo, a proposta da nova directiva do Mazaricos CF:
- Baile de movementos nas directivas e nos banquiños da Costa.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).