xoves. 01.05.2025
El tiempo

Xallas, Soneira e Sofán seguen recadando na Copa Deputación

Xallas, Soneira e Sofán seguen recadando na Copa Deputación

Desputábase esta fin de semanaunha nova rolda da suculenta Copa Deputación. E os que seguen facendo cli-cli son Xallas, Soneira e Sofán, despois de eliminar a Dumbría, Zas e Fisterra.

O sábado, o cadro xalleiro eliminaba ao Dumbría nun igualado partido por un solitario 1-0.

Xa o domingo, o Soneira goleaba a un Zas que aínda presentaba pola noite a Corredoira como novo adestrador. Os tantos de Aarón, Basti, Óscar, Isma, Pichi e dous do fisterrán Bruno, a grande novidade por agora do cadro de Rafa Suárez, serviron para golear no derbi soneirán.

Así, o mércores 2 de agosto ás 21:00h en Fontenla, Xallas-Soneira.

Pola súa parte, o Sofán puido co Fisterra en Ara Solis. Un Fisterra que aínda non presentara a Felipe Candamo como novo adestrador que aínda así aguantou moi ben ao moi renovado cadro de Iván Cancela. Os goles de Sito e Raúl valeron para que se poida ver este mércores, ás 20:30h, un fermoso derbi entre Sofán e Bergantiños.

Novas relacionadas

Máis información

 

Máis movementos de verán

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios