Zas promociona as Torres do Allo a través dun concurso de fotografía
08:11 04/07/17
Ademais dunha variada oferta de actividades (visitas guiadas teatralizadas, xogos para os máis pequenos, música, cine,...) o concello de Zas vén de poñer en marcha un novo concurso co que pretende poñer en valor o pazo das Torres do Allo; un dos poucos abertos ao público e un dos monumentos máis visitados do municipio.
Así, esta fin de semana arrancou o I Concurso de Fotografía Móbil_”Enfoques do Allo” cuxo prazo de participación estará aberto ata o 20 de agosto. No concurso pode participar calquera que o desexe e o único que terá que facer é sacar unha foto interior ou exterior do monumento Torres do Allo e a súa contorna e enviala ao enderezo enfoques@torresdoallo.gal, xunto cos seus datos persoais de contacto (nome e teléfono).
Selección de fotografías
Unha vez finalizado o prazo de presentación de fotos, a organización fará unha selección das 10 mellores fotografías tendo en conta a calidade, a creatividade, orixinalidade, a estética, e valorando especialmente o ter potenciado os valores patrimoniais históricos, artísticos e/ou etnográficos de Torres do Allo e a súa contorna. Estas dez instantáneas subiranse ás redes sociais oficiais de Torres do Allo (Facebook e Instagram) e aquelas que obteñan un maior número de “gústame” no prazo indicado serán as fotografías gañadoras do concurso, co 1º, 2º e 3º posto en relación á correlativa ao número de “gústame”.
O concello de Zas repartirá 225 euros en premios (100€, 75€ e 50€).
Máis información
Novas relacionadas
- As Torres do Allo estrean horario de verán
- Un grupo de profesores de distintas universidades visitan as Torres do Allo
- Lucho Penabade: “O Castelo de Vimianzo e as Torres do Allo son os escenarios ideais para as visitas teatralizadas”
- Abril 2017: As visitas teatralizadas volven ás Torres do Allo na Semana Santa
- Xaneiro 2017: As Torres do Allo estrean folletos
- Xaneiro 2017: Os mil segredos das Torres do Allo
- Novembro 2016: 140 alumnos de Zas aprenden a historia da comarca nas Torres do Allo
- Setembro 2016: As Torres do Allo acollen unha exposición de pezas de Olería de Buño
- Setembro 2016: Máis de 2200 persoas visitaron as Torres do Allo durante o verán
- Setembro 2016: 400 persoas disfrutaron das visitas teatralizadas das Torres do Allo
- Xullo 2016: Máis de 900 persoas visitan as Torres do Allo nos últimos tres meses.
- Xullo 2016: As Torres do Allo potencian o seu pasado.
- As visitas teatralizadas chegan ás Torres do Allo
- O Concello de Zas xestionará as visitas e a difusión das Torres do Allo
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)