12 meses facendo estoupar a arte da Costa da Morte

09:23 18/07/17


Non podemos deixar de falar da tenda turística Stoupa. Dende Cee leva un ano intentando espallar a cultura costeira, coa arte como bandeira. Agora presentan “#12MesesStoupando”, a súa exposición máis especial con motivo do seu primeiro aniversario. Trátase dunha mostra artística colectiva, na que participan autores que colaboraron con Stoupa dende os seus inicios.
A presentación realza o espírito da Costa da Morte, das súas personaxes e das súas cores, a través da pintura, da escultura e da literatura, da arte en xeral. A tenda congrega de novo a talentosos artistas da Costa da Morte como Viki Rivadulla, Yano Yoro, Marinna Mouzo, Marcos Rodríguez, Senén Ínsua, Nacho Porto, Nano Unzueta, Manuel Canosa, Carmen Labrador, Olería Aparicio, Lucía Costa, David de Lorenzo, Mar Cerviño, Xoanxo Cespón e Redeiras de Corme entre outros.A exposición “#12MesesStoupando” pode visitarse dende o luns 17 de xullo ata finais de agosto no local ceense de Stoupa, de luns a sábado de 12:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 21:00 horas.
Máis novas
- Xoanxo Cespón trae a súa visión “Costa da Morte” a súa casa.
- As Redeiras de Corme, artistas en Cee.
- Marzo 2017: A deseñadora ceense Jesica Coiradas expón a súa colección de roupa en Stoupa.
- Stoupa, o novo centro da cultura e artesanía da Costa da Morte
- A arte de Viki Rivadulla está que Stoupa.
- Un estoupido de cultura para a Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
- Stoupa