Sábado. 21.09.2024
El tiempo

3ª Autonómica: Agra da malleira

3ª Autonómica: Agra da malleira
MOntelouro-Corcubion-Xose Sendon O Montelouro batiu ao Corcubión en Agra da Filgueira-Xose Sendon Clínica de Fisioterapia Sar patrocina a 3ª Autonómica. Coñécenos no FB Clínica de Fisioterapia Sar patrocina a 3ª Autonómica. Coñécenos no FB

Durísimo correctivo do Monte Louro a un Corcubión que pese a todo se mantén coma dominador da competición. Non o desaproveitou o Laxe, que segue a ser o único equipo invicto do Fútbol da Costa e queda a tan só 2 puntos do líder.

 

Lira 0-2 Laxe

  • Campo: Portocubelo.
  • Lira: José Manuel, Ramón, Santi, Jesús, Eloy (Senande m.41), Cheikh, Manuel, Yago (Manuel Papín m.67), Eloy, Rubén e Salva.
  • Laxe: Jacobo, Pichel, Jacinto, Steve (Djamel m.70), Aarón (Bras m.60), Gora, Borja, Santi, Samu, Felipe e Omar (Iván m.80).
  • Árbitro: Oreiro Herrmida (A Coruña). Amonestou a Eloy e Senande do Lira; Djamel e Borja do Laxe.
  • Goles: 0-1 m.55 Samu; 0-2 m.82 Santi.

Ata o primeiro gol

Despois dunha primeira metade igualada e con alternativas nas dúas porterías, o Laxe desequilibrou cun psicolóxico 0-1, de penalti a Santi, que converteu Samu. Veuse abaixo o Lira, aínda que mantivo a orde e a seriedade. Resolveu Santi a oito minutos, cun Laxe que manexaba o resultado.

 

Muxía 4-1 Camelle

  • Campo: Arliña.
  • Muxía: Santi Papi, Pesqui, Pataca, Martín, Samuel, Pana (Jose m.46), Currás, Julián, Álex, Adrián Negro (Javi m.59) e Manuel Marcote (Alberto Romaní m.53).
  • Camelle: Jonathan, Cristian (Tedín m.52), Rubén, Carlos, Sergio, Álvaro, Tajes, Javi (Rubén Toja m.65), Jose Manuel (David m.65), Mario e Adrián.
  • Árbitro: Núñez Fiuza (A Coruña). Expulsou a Tajes e a Carlos (m.44) do Camelle e a Pesqui (m.75) do Muxía. Amonestou a Adrián e Julián do Muxía.
  • Goles: 1-0 m.10 Adrián Negro; 2-0 m.69 Javi; 3-0 m.74 Alberto Romaní; 4-0 m.77 Javi; 4-1 m.83 Rubén Toja.

Derbi cunha parte

Só houbo corenta e cinco minutos no partido de proximidade entre Muxía e Camelle, ata que os visitantes quedaron con nove homes por unha dobre expulsión. O balón foi prácticamente sempre dos locais, que co segundo tanto prácticamente pecharon o choque grazas ao baixón físico do Camelle.

 

Monte Louro 7-0 Corcubión

  • Campo: Agra de Filgueira.
  • Monte Louro: Fernando (Joaquín, m.75), César, Savid, Pablo, Abel, Adrián (Gelo, m.63), Dani Sahorta (Edu, m.65), Riki (Xacó, m.70), Geiko, Juan de Selia (Gabri, m.63) e Sexo.
  • Corcubión: Beto, Adri, Gabi, Isma, Iván, Alán, Mario Suárez, Goche, Toja, Roca e Roi. Tamén xogaron: Fía, Marco, Germán, Checho e Tito.
  • Árbitro: Soto Eiroa (A Coruña).
  • Goles: 1-0, m.5: Juan de Selia; 2-0, m.15: Geiko; 3-0, m.17: Sexo; 4-0, m.60: Dani Sahorta; 5-0, m.64: Geiko; 6-0, m.65: Geiko; 7-0, m.75: Sexo.
Montelouro-Corcubion-Foto-Xose Sendon Montelouro-Corcubión-Foto-Xose Sendón

Gran estrea para Caluso

Un repaso dende o primeiro minuto endosou o novo Montelouro de Caluso a todo un líder. O adestrador dos xuvenís collía o relevo de Marcelo, trala súa destitución por "falta de sintonía cos xogadores", segundo a directiva. E foille ben ao cadro de Caluso, que se aproveitou de que o Corcubión chegaba moi xusto ao Agra da Filgueira, ou máis ben, quedaba na casa.

Nos 3 primeiros minutos chegaban as 3 primeiras ocasións e xa no minuto 5 Juan de Selia abría a lata. Cada balón dividido era dos locais que ían en 5ª cando os corcubioneses aínda non meteran a 3ª.

A xornada deixa a Geiko (marcou 3) como Pichichi da categoría, con 10 tantos, 1 máis que o corcubionés Iago Lema e o cabanés Enmanuel.

Montelouro-Corcubion-Xose Sendon 2 Montelouro-Corcubion ao remate do choque -Foto-Xosé Sendón  

Nantón 1-0 Sporting Seaia

  • Campo: Fontiñas.
  • Nantón: Chechu, Lareu, Budi (Patelele, m.68), Diego, Carlos Vidal, Sergio (Guau, m.84), Redondo, Enmanuel, Martín e Iván (Maikel, m.83).
  • Sporting Seaia: Jorge (Nacho, m.46), Josiño, Carabel, Víctor, Jorge Parga, Vistas, Eiroa (Cristian, m.60), Michi (Guille, m.70), Parga, Sergio e Pablo (Paco, m.75).
  • Árbitro: Varela Vázquez (A Coruña).
  • Goles: 1-0 m.87 Enmanuel.
  • Lesións: os malpicáns Pablo e Sergio.

Cea pesada

7 partidos sen gañar levaba o Nantón ata a visita do Seaia. O cadro cabanés aproveitouse da gran cea que fixo a familia do Seaia a noite do sábado, para recadar cartos para o club. A cea saíu estupenda pero o partido puido ser mellor para un Seaia que ademais sufría as importantes lesións de Pablo e Sergio, que deixaron ao equipo con 10 o último cuarto de hora, xusto cando o Nantón se volcaba e conseguía o gol da vitoria.

O partido foi bastante igualado en todo caso, cun Nantón levando o control do balón pero sen ideas, ante un Seaia ben prantado que buscaba algunha contra. Foi no ñultimo treito do partido cando o Nantón conseguía meter moi atrás aos visitantes pero estaba Nacho, convertíndose no home do partido con varios paradóns, ata que preto do final, Enmanuel, o pichichi cabanés xa con 9 tantos, desfacía a igualada.

 

Crónicas da semana

 

Novas relacionadas

Crónicas da 3ª Autonómica

 

Máis información

Fonte

Comentarios